O concello de Arbo, promociona os seus atractivos turísticos en FITUR 2018

Baixo a consigna “Arbo despierta tus cinco sentidos”, Horacio Gil, alcalde do concello de Arbo, presentaba no Stand de Turgalicia os atractivos deste municipio, que ostenta o recoñecemento de ‘Vila da Lamprea e corazón dos viños Condado e Albariño’.

O río Miño imprime o seu carácter á tradicional gastronomía de Arbo. Nas nosas ‘pesqueiras’ captúranse as mellores lampreas do mundo, unha arte milenaria, que dota a este particular peixe dunha textura, unha cor e un sabor superior e diferente.

Ademáis da afamada lamprea, o microclima deste municipio favorece o cultivo da vid, da que se obteñen uns dos mellores viños condados e albariños da Denominación de Orixe ‘Rias Baixas’.

A gastronomía propia dun destino será o principal reclamo para máis dun 60% dos viaxeiros neste 2018. Polo que dende Arbo, seguen a promocionar a súa emblemática lamprea e os seus excelentes caldos, así como os demáis encantos que esta vila, situada ao sudoeste da provincia de Pontevedra, pode ofrecer.

Para desfrutar destes hitos culinarios, os días 27, 28 e 29 de abril de 2018, celebrarase en Arbo a ‘LVIII Festa da Lamprea’, a festa gastronómica máis antigua de Galicia, declarada de Interese Turístico Nacional.

Na carpa de Arbomostra, que este ano cumpre a súa trinta e catro edición, instalada no recinto do Colexio “Antonio Carpintero”, poderán degustar durante estos tres días, a lamprea ao estilo ‘arbense’ e a lamprea seca nas súas distintas forma de preparación. Tamén durante todo estos días desfrutarase dunha programación, como todos os últimos anos, moi variada e da que poden disfrutar tanto maiores coma cativos.

Horacio Gil manifestou durante a súa intervención que “en Arbo estamos orgullosos do medio no que temos a fortuna de vivir, non só pola indiscutible beleza dos nosos ríos e montañas, as fermosas praias fluviais e as augas medicinais, senón tamén, polas formas enriquecedoras de gozar dela que desenvolvemos. Arbo é pura natureza, é paisaxe, pero tamén ten un gran patrimonio inmaterial cheo de lendas, crenzas e rituais de natureza mística e relixiosa onde a auga, as pedras e a lamprea son protagonistas de historias fascinantes. Atesouramos fermosas rutas para os amantes do sendeirismo, un importante patrimonio artístico e unha gran vida cultural. Arbo é unha terra de

inspiración, boa comida e ledicia ante o tranquilo fluír do tempo cun vaso de bo viño”. Rematou dicindo que “Arbo e ún destino para saborear a gastronomía, é turismo de tradición milenaria para paladares exquisitos, con viños de delicada fragancia, con citas enogastronómicas como a Festa da Lamprea que terá lugar os días 27, 28 e 29 de abril e a Festa da Lamprea Seca o 11 e 12 de agosto, cun patrimonio único e singular, unha historia viva, arte con alma, con rutas de sendeirismo e deportes de aventura… Arbo, despertará os cinco sentidos de todos os nosos visitantes”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM