O Concello aspira á máxima protección para as Cíes converténdoas en Patrimonio da Humanidade

O Auditorio Mar de Vigo foi o lugar elixido para presentar os comités técnicos, científicos e económicos-sociais que van dirixir a dirección na que debe moverse a candidatura das Illas Cíes para ser recoñecida Patrimonio da Humanidade. Acompañado polo reitor da Universidade, asegurou que estes equipos de traballo están baseados na excelencia na investigación e na calidade dos trinta profesionais integrantes.
Publicado por o día 19/10/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello aspira á máxima protección para as Cíes converténdoas en Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo presentou esta mañá os comités científicos, económicos e sociais que rexerán o desenvolvemento da candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade, unha busca que require da cooperación de moitos vectores apuntando na mesma dirección. Deste xeito, explicou, estamos na aventura de ir colocando os mecanismos articuladores para conseguir ese obxectivo, cuns comités de candidatura baseados na excelencia da investigación e na calidade dos 30 investigadores, docentes e profesionais que engarzan este proxecto. A todos eles trasladoulles o agradecemento do goberno local e da cidade porque estamos trazando a senda dunha candidatura gañadora.

Tal e como dixo no seu discurso, o fin desta singladura é dotar ás Illas Cíes da máxima protección e da máxima atención para que permanezan os próximos mil anos igual que estiveron os últimos mil. Insistiu en que o goberno local e a cidade actúan guiados polo interese medioambiental e o cariño ao territorio. As Cíes xa son un factor de tracción da economía pero queremos que unha institución tan prestixiosa como a Unesco sexa a que vele por ese valor universal e pola súa integridade, dous vectores fundamentais que temos que definir e trazar porque son imprescindibles para lograr ese recoñecemento.

Antes de rematar, Caballero reiterou a todos os participantes nestes equipos o agradecemento polo seu traballo, defendendo valores transversais con xentes de toda Galicia que tedes a xenerosidade de cooperar con Vigo para garantir a sustentabilidade e incluso mellorar a situación actual das Illas. O rexedor contou co acompañamento do reitor da Universidade, Salustiano Mato, así como dos responsables dos comités científicos e económico-social, Emilio Fernández e María Dolores Garza, respectivamente.

Comités
Emilio Fernández, catedrático de Ecoloxía na Universidad de Vigo, doutor en Bioloxía e desde 2010, director del Campus de Excelencia Internacional “Campus do Mar” será o coordinador do comité científico. Nesta tarefa estará acompañado por Rodolfo Barreiro Lozano; María Victoria Besada Montenegro; Juan Bellas Bereijo; María Calviño Cancela; Adolfo Cordero Rivera; Angel F. González; Gonzalo Méndez; Luis Navarro Etxeberria; Miquel Planas Oliver; Ricardo Prego Reboredo; Francisco Ramil Blanco; Juan Francisco Saborido Rey; José M. Sánchez Fernández; Jesús Souza Troncoso e Alberto Velando Rodríguez.

Pola súa banda, o comité económico social sera coordinado por María Dolores Garza, catedrática de Economía Aplicada na Universidade de Vigo e directora do Grupo de Investigación en Economía dos Recursos Naturais e Ambientais nesta Universidade. Os membros son: Elena Espinosa; Fernando González Laxe; Xavier Labandeira Villot; María Loureiro García; Elena Ojea Fernández-Colmeiro; Juan C. Surís Regueiro; Manuel M. Varela Lafuente; María Xosé Vázquez Rodríguez e Albino Rodríguez.

Por último, Yolanda Aguiar, directora do proyecto da Candidatura de Illas Cíes, coordinará o traballo de Gloria Álvarez; Yolanda Molares e Carlota Barañano.