O Concello aumenta a asignación anual ao servizo municipal do albergue nun 20%

A Xunta de Goberno Local adxudicou provisionalmente o servizo do albergue por un período de catro anos. O prezo de licitación foi de case 3.700.000 euros e,tal e como avanzou o rexedor, a asignación anual aumentará nun 20%.
Publicado por o día 21/10/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O Concello aumenta a asignación anual ao servizo municipal do albergue nun 20%

O alcalde deu conta da adxudicación provisional da contratación do Centro Integral de Inclusión Social por catro anos e un importe de licitación de preto de 3.700.000 euros. Tal e como detallou o rexedor, o Concello aumentará nun 20% a asignación para prestar máis e mellores servizos nas dependencias de Marqués de Valterra. Concretamente, referiuse ao comedor social, ao servizo de hixiene, pernoctas, atención na rúa durante o día, un piso básico de acollemento e un piso de transición á vida autónoma ademais dun centro de día.

O goberno local tamén deu luz verde á clasificación de ofertas para a contratación da adquisición de entradas para os partidos do Real Club Celta para la temporada 2016-17. Son 1.600 entradas para a grada de Fondo que serán entregadas a diferentes colectivos para que asistan aos partidos da Liga de Fútbol Española, da Copa do Rei e da UEFA: 1.100 entradas serán destinadas a escolares de colexios públicos a través da Federación de Asociacións de Nais e Pais, 200 para escolares de centros concertados da cidade, 35 quedarán distribuídas entre persoas afectadas por discapacidade psíquica e menores residentes en centros de acollida, 245 distribuídas entre persoas en situación de desemprego e 20 entre voluntarios e movementos sociais que cooperan co Concello de Vigo.

O alcalde explicou que o obxectivo desta “grada cidadá”, que financian o Concello e o Celta ao 50%, é facilitar o acceso aos partidos a persoas que por distintas razóns non poden facelo pola súa conta coa característica de que se van rotando os destinatarios.