Concello cambiará 600 pezas en Río é certificará con AIMEN as 1000 da estrutura

Caballero informou estes martes da chegada de 300 das 600 pezas redondas que o Concello cambiará na estrutura que soporta a cuberta de Río, no estadio de Balaídos. O bo estado das 400 restantes está garantido mais o alcalde anunciou que AIMEN tamén as analizará, ao igual que as 600 novas. O goberno vigués busca a “seguridade ao 100%” e garante o cumprimento do prazo da obra.
Por o 07/11/2017 | Sección: Celta,Concello de Vigo,Deportes,Galicia,Vigo
Concello cambiará 600 pezas en Río é certificará con AIMEN as 1000 da estrutura

O Concello ampliará as garantías e revisará co Centro Tecnolóxico AIMEN as mil pezas redondas da estrutura tubular que soportará a nova cuberta da bancada de Río, no estadio municipal de Balaídos. Así o anunciou este martes Abel Caballero en rolda de prensa.

Defectos nalgunhas destas pezas obrigaron a retirar por seguridade os módulos da estrutura e o goberno de Vigo está desde entón a adoptar “precaucións elevadas, garantindo a seguridade ao 100%”, en verbas do alcalde. Caballero adiantou que se substituirán 600 -das que 300 xa están en Vigo- e AIMEN analizará tanto as novas como as 400 restantes. As pezas veñen con certificado de garantía, acreditado por un enxeñeiro, apuntou o rexedor, mais o Concello encarga igualmente a AIMEN a supervisión das mil.

A próxima semana, unha vez o goberno de Vigo reciba o resultado da análise de AIMEN, Abel Caballero informará da planificación prevista para a cubrición total da bancada de Río. Con todo, o alcalde garantiu que a remodelación de Río cumprirá os prazos previstos e estará rematada no mes de febreiro.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.