O concello de Cangas elabora unha guía de consumo para este nadal, botalle un ollo!

Por o 12/12/2017 | Sección: Cangas,Galicia
O concello de Cangas elabora unha guía de consumo para este nadal,  botalle un ollo!
Compartir en:

O Concello de Cangas pon en marcha unha campaña a través das redes sociais sobre recomendacións de boas prácticas para o consumo no Nadal. Nestas épocas festivas adóitase gastar por riba do que se fai normalmente, polo que se aconsella levar a cabo compras responsables e sostibles.

Cada día, irase subindo no Facebook e no Twitter listaxes de suxestións diferentes. Velaquí se poden ver algúns exemplos:

Antes de mercar…
1. Reflexiona se realmente é preciso.

2. Evita compras por impulso.

3. Pensa se o uso do produto ten implicacións medioambientais.

4. Lembra que é sostible o feito máis preto.

5. Compara prezos en diversos establecementos.

Neste Nadal…
1. Fai as túas compras no comercio local.

2. Merca produtos galegos, ecolóxicos e de proximidade.

3. Agasalla xoguetes non sexistas e non violentos.

4. Se fas compras online, comproba se a páxina é segura.

5. Ten presente que os animais non son xoguetes.

Merca xoguetes que…
1. Favorezan o xogo libre e espontáneo.

2. Reflictan a diversidade.

3. Estean libres de prexuízos sexistas ou racistas.

4. Contribúan á cooperación entre iguais.

5. Promovan as capacidades e habilidades.

6. Non sexan violentos.

7. Nomeen nenos e nenas por iguais.

8. Conteñan o marcado CE.

9. Se adecúen á idade e gustos da menor.

Lembremos neste apartado que os xogos e a lectura son dúas ferramentas que serven para educar. Para educar na liberdade e igualdade débense escoller agasallos que non estereotipen, limiten e violenten.