O Concello de Cangas levou a cabo no día de hoxe un acto de recepción á recoñecida piragüista Teresa Portela

Por o 05/09/2017 | Sección: Cangas,Deportes,Galicia,Piragüismo
O Concello de Cangas levou a cabo no día de hoxe un acto de recepción á recoñecida piragüista Teresa Portela

O Concello de Cangas levou a cabo no día de hoxe un acto de recepción á recoñecida piragüista Teresa Portela. Nel estiveron presentes o alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, o concelleiro de Deportes, Xoán C. Chillón; así como membros da oposición (Fran Soliño e Alfredo Iglesias), o presidente do Club de Mar Ría de Aldán, Gustavo Marcelino e o marido e palista olímpico de Portela.

Chillón quixo transmitir a esta gran deportista os parabéns de parte de toda a Corpración municipal pola “nova participación no mundial, que agora mesmo case é como unha olimpíada, e por levar o nome de Cangas polo mundo adiante”.

Todos os presentes aproveitaron a ocasión para recoñecer a traxectoria enorme desta piragüista, ademais do “plus pola conciliación familiar. Desde o ano 2000 estás en primeira liña, na competición máxima. Algo que é moi loable, que se ten que destacar sempre”. Portela é unha referente na súa modalidade deportiva e no noso pobo, xa que unha das súas grandes fazañas foi a de conseguir representar a este municipio morracense en cinco Xogos Olímpicos.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.