O Concello cederá o Pavillón de As Travesas ao Atlético Guardés de Balonmán para os partidos europeos

O alcalde de Vigo felicitou hoxe xoves ao Atlético Guardés de Balonmán polo seu triunfo na Liga Loterías feminina de balonmán. Durante un encontro co rexedor de A Guarda e co presidente do club, Caballero avanzoulles a vontade da cidade de cederlles o Pavillón de As Travesas “sempre que sexa preciso”, dado que esta dotación deportiva é a única que reúne as condicións esixidas por Europa
Publicado por o día 29/06/2017 na sección de Concello de Vigo,Deportes,Galicia,Vigo

O Concello cederá o Pavillón de As Travesas ao Atlético Guardés de Balonmán para os partidos europeos

O alcalde de Vigo felicitou hoxe xoves ao Atlético Guardés de Balonmán polo seu triunfo na Liga Loterías feminina de balonmán. Durante un encontro co rexedor de A Guarda e co presidente do club, Caballero avanzoulles a vontade da cidade de cederlles o Pavillón de As Travesas “sempre que sexa preciso”, dado que esta dotación deportiva é a única que reúne as condicións esixidas por Europa. 

O alcalde de Vigo trasladou esta mañá ao seu homólogo de A Guardia, Antonio Lomba, a súa vontade de cooperar “tantas veces como sexa preciso” co Atlético Guardés que vén de gañar a Liga nacional feminina de División de Honra. Logo de felicitar “a xesta case irrepetible” do equipo, Caballero ratificou que o Vigo cederá de xeito gratuíto o Pavillón de As Travesas para todos os partidos que sexa necesario, xa que esta instalación é a única de todo o territorio que reúne as condicións impostas polas normas europeas. No encontro, organizado esta mañá na Alcaldía, tamén estivo presente o presidente do Atlético Guardés de Balonmán, José Manuel Silva.