O Concello construirá unha nova praza na confluencia de Sanjurjo Badía coas rúas Nardos e Santander

O alcalde presentou esta mañá aos comerciantes de Teis a nova praza que se vai construír na confluencia de Sanjurjo Badía coa rúas Nardos e Santander. Tal e como indicou en posterior rolda de prensa o orzamento desta nova zona de encontro cidadá elévase aos 600.000 euros e a previsión é que estea rematada nun ano.
Publicado por o día 10/10/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello construirá unha nova praza na confluencia de Sanjurjo Badía coas rúas Nardos e Santander

O rexedor avanzou hoxe martes a construción dunha nova praza en Teis, na confluencia de Sanjurjo Badía coas rúas Nardos e Santander, un entorno que xa está humanizado en grande parte pero que precisaba dunha zona de encontro cidadá que incluirá zonas verdes, zonas con auga, así como espazos de ocio.

Deste xeito, explicou, converteremos unha zona de aparcamento “horrible” nun novo lugar de encontro moi preto do Colexio Apóstol e do Mercado.