O Concello convocará á ANPA do colexio Rodríguez Castelao para analizar o estado do centro

Publicado por o día 18/09/2017 na sección de Concello de Vigo,Educación,Galicia,Vigo

O Concello convocará á ANPA do colexio Rodríguez Castelao para analizar o estado do centro

O goberno local analizará a situación do colexio Alfonso Rodríguez Castelao coa ANPA dada a situación actual na que se están impartindo clases mentres se acometen “obras moi importantes e non sabemos se é a mellor decisión”, apuntou o rexedor, dado o ruído e o po que producen os traballos do gran guindastre que se está utilizando.

O obxectivo do Concello é estudar as circunstancias actuais do alumnado para garantir a súa saúde e a seguridade.