O Concello corta o tráfico na Avenida de Citroën para a montaxe da cuberta de Río

Caballero anunciou hoxe martes, e durante dous meses, o peche ao tráfico da Avenida, no tramo que linda co estadio de Balaídos, para a montaxe da estrutura metálica que soportará a nova cuberta da bancada de Río. O tráfico desvíase polas rúas Olímpicos e Val Miñor, que pasan a ser de dobre sentido de circulación.
Publicado por o día 22/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello corta o tráfico na Avenida de Citroën para a montaxe da cuberta de Río

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou esta mañá que hoxe se pecha ao tráfico os catro carrís da Avenida de Citroën, no tramo que comprende entre as rúas Olímpicos e Val Miñor, para a montaxe da nova cuberta da bancada de Río, no estadio municipal de Balaídos.

O rexedor avanzou que está chegando a Balaídos o material xa fabricado da estrutura, que será ensamblada na propia Aveniza, izada e instalada en Río en seis bloques, dos que os dous laterais serán os máis complexos. Unha vez completada a instalación da estrutura, procederase á montaxe da cuberta azul celeste, como que a xa loce na bancada de Tribuna.

No tocante ao tráfico, os vehículos que circulen pola Avenida de Citroën serán redirixidos -os desvíos están sinalizados- polas rúas Olímpicos e Val Miñor, circunvalando o estadio para continuar pola nomeada avenida. Así, tanto Olímpicos como Val Miñor operarán como rúas de dobre sentido de circulación de forma provisional.

Abel Caballero engadiu que a previsión que manexa o goberno vigués é manter a dobre dirección de forma permanente na rúa Val Miñor. O Concello habilitará unha rotonda provisional durante a duración do corte de tráfico pola obra -estimado en dous meses- “con vocación de permanencia”, asegurou o alcalde.