O Concello creou preto de 700 empregos directos en 2016 cun orzamento de 5 millóns

Os distintos programas e iniciativas de emprego que o Concello puxo en marcha durante 2016 permitiron crear entre 650 e 700 postos de traballo. Así o explicou o rexedor durante unha visita aos alumnos-traballadores do programa Vigo prepara, que conta con 15 participantes.
Por o 10/11/2016 | Sección: Concello de Vigo,Emprego,Vigo
O Concello creou preto de 700 empregos directos en 2016 cun orzamento de 5 millóns
Compartir en:

O alcalde de Vigo lembrou esta mañá que os 5 millóns adicados a emprego nos orzamentos de 2016 permitiron xerar entre 650 e 700 postos de traballo, aos que hai que sumar os creados a través das políticas keynesianas.

Caballero fixo estas declaracións no edificio Municipal do Areal no que se está a impartir unha destas iniciativas, o obradoiro Vigo prepara, que conta con 15 alumnos-traballadores e un orzamento de case 150.000 euros. Tal e como explicou, este obradoiro -de seis meses de duración- está incluído dentro dun programa mixto de emprego e formación a baseado na aplicación das redes sociais en accións de promoción turística.

Con este mesmo obxectivo, o de mellorar a empregabilidade e a cualificación dos alumnos, o Concello está a desenvolver paralelamente o Vigo capacita III, no Centro Cultural de Valadares. Cun orzamento de preto de 180.000 euros, case 20 alumnos reciben formación en cociña e traballo en bar/restaurante dentro dun programa que ten unha inserción laboral próxima ao 100%.