O Concello cubrirá os patios do CEIP Carballal de Cabral e do Josefa Alonso de Matamá

O alcalde comprometeuse coas direccións dos dous centros a realizar esta obra ante a “desatención total da Xunta de Galicia” á educación dos nenos vigueses. Segundo sinalou, o goberno autonómico non respondeu á demanda da cubrición dos patios realizada polos dous centros.
Por o 03/02/2017 | Sección: Concello de Vigo,Vigo
O Concello cubrirá os patios do CEIP Carballal de Cabral e do Josefa Alonso de Matamá

Abel Caballero reuniuse este venres coas xuntas directivas dos CEIP Plurilingüe Carballal de Cabral e o CEIP Josefa Alonso de Alonso de Matamá que lle lle transmitiron a “desatención total” da Xunta de Galicia aos edificios dos colexios públicos de Vigo, dada o “longo listado de reclamacións” que teñen sen atender por parte do goberno autonómico.

Tal e como lle expuxeron ao rexedor, unha das demandas máis urxentes é a cubrición dos patios dos colexios que xa teñen solicitado sen éxito, polo que o alcalde se comprometeu a realizar as obras nos dous centros dentro do programa específico que desenvolve o Concello para resolver estas necesidades e para que os nenos poidan xogar a cuberto nos recreos. Así, Caballero explicou que o patio cuberto do CEIP Carballal está incluído no orzamento municipal de 2017, ao igual que os dos centros da Canicouva e Virxe do Rocío, mentres a obra do CEIP Josefa Alonso se realizará con cargo a orzamento de superávit “que coñeceremos no mes de abril”.

Limpeza colexios
A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do servizo de limpeza nos colexios públicos e nas escolas municipais por un importe de 11.323.000 euros, a razón de 2.831.000 euros anuais. O alcalde destacou este investimento co que o Concello asumir o custe deste servizo nos colexios públicos “na súa totalidade”.