O Concello dá luz verde ao “primeiro gran” carril bici de Vigo, que unirá Samil e Teis

O goberno local deu o visto bo ao proxecto de implantación da vía ciclista entre Samil e Teis, cun importe de case seis millóns de euros. A execución deste carril ten un prazo de execución de 5 meses desde a súa adxudicación
Por o 11/12/2017 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello dá luz verde ao “primeiro gran” carril bici de Vigo, que unirá Samil e Teis

O goberno local deu o visto bo ao proxecto de implantación da vía ciclista entre Samil e Teis, cun importe de case seis millóns de euros. A execución deste carril ten un prazo de execución de 5 meses desde a súa adxudicación.

O alcalde deu conta esta mañá da aprobación do proxecto de implantación da vía ciclista entre Samil e Teis cun orzamento de 5.895.000 euros. Cualificado polo rexedor, como “un dos grandes proxectos da cidade”, a construción do primeiro carril bici de Vigo terá un prazo de execución de 12 meses, a partir da adxudicación da obra, que nestes intres entra en fase de licitación.

En rolda de prensa, Caballero insistiu en que o máis importe do deseño deste carril é a seguridade e detallou o percorrido: Avda. Europa, Avda. Castelao, Praza América, rúa López Mora, Avda. Camelias, Praza Independencia, Glorieta Bicentenario, rúa Venezuela e cruce con Gran Vía, rúa Pizarro, Travesía de Vigo e rúa Buenos Aires.