Concello de Nigrán e bolos de Camos organizan este fin de semana o torneo nacional de bolo Celta.

Publicado por o día 03/08/2018 na sección de Deportes,Galicia,Nigrán

Concello de Nigrán e bolos de Camos organizan este fin  de semana o torneo nacional de bolo Celta.

 O Concello de Nigrán e o Club de Bolos Camos organizan este fin de semana o Torneo Nacional de Bolo Celta no campo de Barreiros (Camos), un evento que suma máis de 25 anos de antigüidade. No mesmo participan os 24 clubes da comarca e un de Madrid, tres de Asturias, tres de Ourense, un de Lugo e un de A Coruña, sumando máis de 120 xogadores agrupados en tripletas e dende a categoría senior ata cadete.

O torneo arranca o sábado ás 10:00 horas para finalizar as 22:00 aproximadamente e o domingo de 9:30 a 13:30, cando está prevista a entrega de trofeos. O ano pasado proclamouse campión un equipo de Cangas de Narcea. Tódolos xogadores.