O Concello deixa sen efecto o convenio do transporte metropolitano e propón acordos bilaterais aos concellos da área

O alcalde anunciou este m√©rcores que Vigo deixa sen efecto o convenio do transporte metropolitano polo “bloqueo” da Xunta na s√ļa aplicaci√≥n e propor√° acordos bilaterais cos municipios para subvencionar o bus urbano dos que cheguen ou saian da cidade nun transporte interurbano. “Non imos castigar aos cidad√°ns pola negativa da Xunta a aplicar o transporte metropolitano”, conclu√≠u.
Publicado por o d√≠a 08/03/2017 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O Concello deixa sen efecto o convenio do transporte metropolitano e propón acordos bilaterais aos concellos da área

O alcalde expuxo esta ma√Ī√° que a Xunta de Galicia imposibilita o cumprimento do convenio do transporte metropolitano asinado co Concello; denunciou que, pola contra, prop√≥n o “incumprimento” deste e a “obriga” de que Vigo subvencione todas as viaxes de todos os cidad√°ns no autob√ļs urbano sen que a Xunta de Galicia pague nada.

As√≠, Caballero informou que queda sen efecto o nomeado convenio pola imposibilidade de aplicalo ante o “bloqueo” da Xunta de Galicia, e anunciou contactos cos alcaldes e alcaldesas que toman parte no goberno da √Ārea Metropolitana de Vigo para establecer acordos bilaterais nos que a cidadan√≠a destes municipios te√Īan as mesmas vantaxes incluidas no convenio.

O alcalde da cidade, quen xa mantivo conversas con boa parte dos seus hom√≥logos na √°rea viguesa, asegurou que, cos acordos bilaterais propostos, o Concello mant√©n o seu compromiso de subvencionar o billete do autob√ļs urbano de Vigo dos cidad√°ns cando entren ou saian de Vigo nun transporte interurbano. “Non imos castigar aos cidad√°ns pola negativa da Xunta a aplicar o transporte metropolitano”, conclu√≠u Abel Caballero.

√Ārea Metropolitana de Vigo
Na mesma rolda de prensa, Abel Caballero avanzou que vai propor ao resto de alcaldes e alcaldesas que participan no goberno da √Ārea Metropolitana de Vigo non volver a reunirse como goberno metropolitano. O rexedor vigu√©s argumenta que a Xunta de Galicia “inviabiliza” o seu funcionamento e a toma de decisi√≥ns, a trav√©s dos recursos xudiciais interpostos contra o novo ente, pola decisi√≥n auton√≥mica de non inscribila no Rexistro nin de nomear secretario nin interventor.