O Concello do Grove oferta un novo curso de cociña para mozos e mozas

A boa acollida destas actividades leva a poñer en marcha unha nova oferta de cursos de cociña que se iniciará en febreiro
Publicado por o día 27/01/2018 na sección de Galicia

O Concello do Grove oferta un novo curso de cociña para mozos e mozas

O Concello do Grove abre o prazo de inscrición para un curso de cociña que nesta ocasión leva o título de “Partindo de Cero”. As persoas interesadas en participar poderán anotarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil situada no 2º andar do edificio administrativo.

O curso impartirase no centro vacacional da Lanzada a partires do tres de febreiro e está dirixido a dous grupos de idade. Para rapaces e rapazas de entre 12 e 20 anos, que asistirán os sábados en horario de 11.00 a 13.00 horas e para maiores de 20 anos (con prioridade para mozos e mozas de 20 a 35 anos ) que asistirán os sábados de 18.00 a 20.00 horas.

O curso é gratuíto e será impartido polo cociñeiro Jacobo Garrido. Para dar comezo o propio día 3 contarse cunha xornada especial adicada a doces de entroido.