O Concello do Grove pechou o 2017 con grandes avances na atención á morte súbita e na preparación para urxencias

Ao longo do ano foron máis de 600 as persoas que se formaron para atender a esta problemática.
Por o 27/01/2018 | Sección: Galicia
O Concello do Grove pechou o 2017 con grandes avances na atención á morte súbita e na preparación para urxencias
Compartir en:

O Concello do Grove ten acadado grandes avances no relativo a formación en emerxencias e na xestión activa dos recursos para Reanimación Cardio Pulmonar (RCP). Ao longo dos dous últimos anos téñense feito grandes esforzos para poñer en marcha do Plan Integral Municipal de Atención á Morte Súbita e ensino de RCP. Deste xeito non só se teñen feito investimentos para contar co equipamento adecuado e en boas condicións (lembramos que os equipos DESA teñen elementos que deben ser actualizados e levaban anos sen ser atendidos) e tamén se estableceron plans de formación destinados a todas as idades.

Téñense adquirido tres novos DESA e un máis para o servizo de prais no verán. Estes catro equipos serán instalados nos colexios da vila tras completar a formación dos docentes que se encargarán do seu uso. Debe terse en conta de que na época estival os DESA dos colexios, unha vez que non sexan precisos, serán empregados polo servizo de praias. Deste xeito todas as instalacións públicas do Concello serán espacios Cardioprotextidos.

Tamén se ten comprado e instalado un equipo de DESA no coche patrulla da Polícia Local. Consecuentemente completouse a formación de 11 polícias locais para o seu uso. Debe incidirse en que co total de desfibriladores dispoñibles no Grove igualaríase o ratio de desfibriladores por cada 10.000 habitantes do país de Europa máis avanzado neste sentido, que é a día de hoxe, Francia.

Formación en RCP e Urxencias

Pero non só se ten mellorado dende o punto de vista dos recursos dispoñibles, resultan especialmente importantes os esforzos realizados en formación, destinada a todo tipo de público e a distintos colectivos.

No referido aos máis pequenos, continúa a formación en urxencias para o alumnado de entre os 10 e os 16 anos en todos os colexios, quedando pendente só un dos catro centros públicos. É subliñable que este ano tamén se achegou esta formación aos dous centros de formación secundaria. Tense conseguido unha moi bo aceptación desta formación tanto por parte do alumnado como do profesorado e téñense constatado resultados moi positivos en canto aprendizaxe conseguida.

Tamén se ten implicado aos pais e nais da Escola Infantil de Rons que participaron nestas formacións cunha grande aceptación e establecéndose como unha formación permanente en periodos bianuais. Tamén se ten feito unha segunda sesión de formación en urxencias para o profesorado do CEIP Rosalía de Castro. Neste caso está previso estender a formación ao profesorado doutros centros de ensino que así o soliciten, estando xa previsto este mes realizar o curso no CEIP Conmeniño.

No relativo ao eido do deporte, téñense posto en marcha cursos de reciclaxe para todos os usuarios que actualmente contan con acreditación e así manter operarticos os DEXA xaa instalados nos pavillóns deportivos, como é legalmente perceptivos. Queda pendente confirmar unha data coa Asociación de Deporte Meco (ADM) para a formación sobre actuación en urxencias para os adestradores de todos os clubes deportivos do Grove que queiran participar.

Pero a RCP tamén se ten extendido ao público xeral. Deste xeito, durante a Festa do Marisco, tense realizado un curso aberto de formación que coincidía coa conmemoración do Día Europeo da RCP. Para este curso contouse coa colaboración SEMICYUC.

Debe incidirse que tanto a compra de equipamentos como a formación foi acompañada de controis periódicos de mantemento dos DESA instalados, comprando electrodos para substituir aos caducados nos aparellos xa instalados (tanto en instalacións deportivas como no mercado municipal), feito que era unha das materias pendentes durante os anos anteriores ao inicio do novo plan.