O Concello do Grove presenta o programa do Entroido 2018

Na rolda de prensa celebrada na mañá de hoxe incidiuse na importancia social e económica que ten acadado unha das Festas máis tradicionais e importantes do Grove.
Publicado por o día 23/01/2018 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia

O Concello do Grove presenta o programa do Entroido 2018

O Concello do Grove presentou esta mañá a programación dos dez días que durará o Entroido na vila. As celebracións comezarán co xoves de comadres e compadres e rematará co Entroido en San Vicente ademais do xa tradicional concurso de disfraces para mascotas. As citas obrigadas están no Festival de Comparsas e no desfile do Martes no Sambódromo Meco. O programa caracterízase por unha ampla oferta de actividades para os máis pequenos, ademais da novidade da Festa de San Valentín do Entroido.

O Concello do Grove destina aproximadamente 30.000 euros de orzamento a celebración do Entroido dos que case 9.000 euros van destinados aos premios tanto das Comparsas como do Festival de disfraces. Dende o goberno local incídese o total apoio a esta celebración que se ten posicionado como unha das mellores de Galicia ao tempo que permite a dinamización do pobo durante o mes de febreiro.