Froito da boa evolución do plan de compostaxe do Concello do Grove, esta semana vólvese a contar con recursos para realizar un novo reparto de compost gratuíto, xerado nos composteiros comunitarios instalados na localidade. Ademais diso, a mesa informativa ubicada na Praza do Corgo para tal fin servirá para que aquelas persoas interesadas en dispoñer de composteiros individuais poidan solicitalos. Lémbrase que estes elementos son gratuítos e tan só é preciso inscribirse no plan. O reparto dará comezo ás 9.30 horas e rematará ás 13.00 horas.
Noticias de última hora en Vigo