Concello e Aqualia convenian garantir o acceso á auga ás familias en situación de exclusión social

Abel Caballero rubricou este martes o acordo cos responsables de Aqualia
Publicado por o día 13/09/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Concello e Aqualia convenian garantir o acceso á auga ás familias en situación de exclusión social

Abel Caballero rubricou este martes o acordo cos responsables de Aqualia, segundo o cal se concederá cen euros mensuais durante seis meses ás familias en situación de exclusión social, adicando a este plan un total de 30.000 euros.

A colaboración entre o Concello de Vigo e Aqualia, a concesionaria da xestión do servizo de abastecemento e saneamento de auga, procura garantir o acceso ao servizo de abastecemento de auga potable aos cidadáns en situación de exclusión social.

Caballero recordou que “en Vigo a auga non se lle corta a ninguén”, aplicando o goberno da cidade facilidades como plans de pagos a aqueles que teñen dificultades, pero agora a empresa participa con este programa dotado de 30.000 euros de orzamento total.

O importe da axuda a cada familia ascenderá a cen euros mensuais durante seis meses. Segundo estipula o acordo, o Concello seleccionará ás persoas en risco de exclusión beneficiarias das axudas en base a criterios obxectivos e tramitará as peticións ante Aqualia.