Concello e Attica 21 Hoteis rubrican a venda do antigo hotel Samil por 3,2 millóns

Concello e Attica 21 Hoteis SLU asinaron esta mañá a escritura notarial de venda do antigo hotel Samil por un prezo de 3,2 millóns de euros. A adxudicataria prevé investir máis de 20 millóns e está previsto que os traballos de construción do novo complexo arranquen a principios de 2019.
Por o 13/09/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Concello e Attica 21 Hoteis rubrican a venda do antigo hotel Samil por 3,2 millóns

O antigo hotel Samil se converterá nun novo establecemento categoría 4 Estrellas Superior en dous anos, segundo avanzou esta mañá o alcalde de Vigo, pouco antes da sinatura notarial de venda entre o Concello e Attica 21 Hoteles SLU. O concelleiro de Patrimonio, Javier Pardo, e Manuel Jove asinaron esta mañá un acordo que permitirá un investimento de máis de 20 millóns para construír un novo hotel que terá catro bloques cun máximo de catro alturas, 125 habitacións, piscina, spa, sala de conferencias e un centenar de prazas de aparcamento. Está previsto que a mediados de outubro se conceda a licenza de demolición polo que os traballos de construción poderían iniciarse a principios de 2019.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.