A Xerencia de Urbanismo dará conta a próxima semana dun convenio de colaboración entre o Concello e a división inmobiliaria do grupo Auchan -adxudicataria da construción da nova estación do AVE – para financiar ao 50% o proxecto básico do ascensor – pasarela que unirá García con Vía Norte. Cun orzamento aproximado de 200.000 euros, a previsión é que o proxecto estea rematado a principios de 2020.

O alcalde avanzou a incoación do convenio entre Concello e Ceetrus Urban Player Spain S.A. -empresa adxudicataria da estación do AVE – para mellorar o acceso peonil á praza pública do centro Vialia. Trátase, explicou, de executar un ascensor que, a través dunha pasarela peonil, comunique a praza pública do futuro centro con Serafín Avendaño, á altura do seu cruce con García Barbón e Vía Norte. Tal e como confirmou, a previsión é que este proxecto básico estea rematado entre xaneiro e febreiro de 2020.
O convenio, do que se dará conta na Xerencia de Urbanismo da semana que vén, recolle a redacción do proxecto básico por parte de Thom Mayne e o seu equipo, cun financiamento de aproximadamente 200.000 euros que serán financiados ao 50% entre Ceetrus e o Concello. A execución da obra corresponderalle á administración municipal mentres que a empresa adxudicataria comprometese a realizar todos os cambios precisos na estrutura de Vialia para dar encaixe ao ascensor e a súa pasarela.
Praza do Bicentenario
O alcalde tamén anunciou esta mañá que mañá sábado 7 de setembro executarase o aglomerado da rotonda do Bicentenario. Estes traballos enmárcanse dentro da obra de renovación do abastecemento e saneamento da cuarta fase da rúa Venezuela.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.