Concello e colexios concertados cooperarán para tratar os problemas derivados da crise sanitaria

O alcalde mantivo este xoves un encontro cos responsables de 50 centros educativos concertados da cidade que manifestaron as necesidades dos estudantes que non poden atender as clases desde a casa e cos que tratou tamén a desinfección dos centros e o desenvolvemento do próximo curso.
Publicado por o día 20/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Coronavirus,Educación,Galicia,Vigo

Concello e colexios concertados cooperarán para tratar os problemas derivados da crise sanitaria

O alcalde abordou cos centros concertados a situación educativa no contexto da crise sanitaria do Covid-19 acadando un “acordo total para ir de forma conxunta na resolución de tódolos problemas”.

No transcurso da reunión por videoconferencia, as directoras e directores de cincuenta centros educativos concertados de Vigo trasladáronlle ao rexedor a necesidade de apoio ao alumnado con dificultades económicas, que non dispón de ordenadores nin medios para poder seguir a docencia online.

Segundo explicou o rexedor, os centros trasladáronlle o seu “agrado” polo servizo de voluntariado que leva material aos domicilios do alumnado, estudaron a posibilidade de establecer plans de tráfico para a entrada e saída escalonada no caso de que sexa necesaria e decidiron cooperar nos procesos de desinfección dos centros para manter a seguridade sanitaria. Amais comprometéronse a tratar o desenvolvemento do próximo curso.

Comentar noticia

Your email address will not be published.