Este xoves se inaugura o primeiro tramo, ao longo de toda a Avenida de Castelao, desde a Praza de América ata Tomás Paredes. O alcalde avanzou que dentro de algo máis dun mes e medio estará dispoñible o carril entre a Praza de Independencia e a Gran Vía, para abrir “tres ou catro semanas despois” o tramo de Venezuela e Pizarro ata o cruce dos choróns.
Na tarde deste xoves ponse en funcionamento o primeiro tramo do carril bici que promoven Concello e Deputación entre Teis e Samil, vía ciclista á que os gobernos dirixidos por Abel Caballero e Carmela Silva adican máis de catro millóns de euros.
Segundo explicou o alcalde, o carril ten dous metros e medio de ancho, conta con sinalización horizontal e vertical, e estará aberto ao longo da Avenida de Castelao, 1,5 quilómetros entre a Praza de América (integrado na renovada Praza do Emigrante) e o cruce con Tomás Paredes (xunto á reformada zona do volcán de Coia).
En algo máis de mes e medio, avanzou Caballero, Concello e Deputación abrirán aos ciclistas un novo tramo de carril bici, o comprendido entre a Praza de Independencia e a Gran Vía; e “tres ou catro semanas despois”, engadiu, Venezuela e Pizarro ata o cruce dos Choróns, para posteriormente continuar na Travesía.
A vía ciclista “se financia cun convenio entre a Deputación e o Concello”, recordou Caballero, acordo segundo o cal o goberno provincial “paga 3,5 millóns e o Concello uns 900.000 euros”. O alcalde puxo en valor que a obra inclúe ademais humanizacións no entorno polo que transcorre este carril.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.