Concello e Deputación anuncian o total apoio aos Xogos Autonómicos Special Olympics de baloncesto, o sábado no complexo das Travesas

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e o edil e deputado provincial Santos Héctor Rodríguez, anunciaron hoxe o total apoio de ámbalas dúas administracións para que Vigo e a provincia continúen a recibir cada ano os Xogos Autonómicos Special Olympics, nesta oportunidade de baloncesto.
Publicado por o día 22/03/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Concello e Deputación anuncian o total apoio aos Xogos Autonómicos Special Olympics de baloncesto, o sábado no complexo das Travesas

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e o edil e deputado provincial Santos Héctor Rodríguez, anunciaron hoxe o total apoio de ámbalas dúas administracións para que Vigo e a provincia continúen a recibir cada ano os Xogos Autonómicos Special Olympics, nesta oportunidade de baloncesto.

Este sábado (10:45 horas), tres polideportivos do complexo municipal das Travesas (Frontón, Vermella e O Carme) recibirán a uns 270 participantes das catro provincias, coa Asociación San Francisco como o único representante vigués. Equipos de dezaoito asociacións en representación de quince localidades, que suman 229 xogadores e 58 adestradores, competirán a partires das 12:00, estando prevista a entrega de trofeos ás 19:00 horas.

Os XXIII Xogos Autonómicos de baloncesto para persoas con discapacidade intelectual voltan ás Travesas dos anos despois. O baloncesto é unha das modalidades que máis veces se organizou en Vigo (terceira oportunidade nesta década) xunto co fútbol sala.

“Témolo compromiso coas persoas que fan posible este evento, moi importante e cuxo mérito é de Eladio Fernández”, explicou o deputado. Manel Fernández, pola súa banda, ratificou o apoio do Concello: “Vigo sempre será receptiva coas actividades integradoras e poderán seguir contando con nós para a organización dos campionatos que consideren”.

Eladio Fernández, presidente de Special Olympics Galicia, agredeceu o apoio institucional e anunciou preto de 60 voluntarios adicados a organización do campionato que sirve para “demostrar as capacidades” dos xogadores e das xogadoras porque “esta é unha ferramenta de integración e superación” que busca a igualdade. De feito, o equipo que se coloque durante o partido cunha vantaxe de quince puntos perde o encontro.

Un deportista de San Francisco acudiu á presentación no Concello acompañado por Catalina Sobral, directora da Asociación Galega San Francisco.

O campionato de baloncesto é a segunda competición de 2019 tralos Xogos de Deportes Minoritarios (Vilagarcía). En total, Special Olympics organiza ata oito campionatos dende marzo a novembro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.