Concello e Deputación de Pontevedra asinan o convenio para ampliar o prazo de xustificación do auditorio

Debido ás circunstancias especiais deste período, o prazo amplíase ata maio de 2021.
Publicado por o día 10/08/2020 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,O Grove

Concello e Deputación de Pontevedra asinan o convenio para ampliar o prazo de xustificación do auditorio

A Deputación de Pontevedra e o Concello do Grove asinaron o pasado venres un convenio no marco do Plan de Reequilibrio. Trátase de ampliar o prazo de xustificación das obras de construción do Auditorio-Escola de Música do Monte da Vila. O convenio indica que “por mor das circunstancias imprevisibles non imputables á debida dilixencia na execución do plan por parte da Deputación nin do Concello” é preciso realizar os trámites para ampliar o prazo de xustificación da construción. O procedemento seguido pola Deputación foi a inclusión deste proxecto no prazo da segunda fase do Plan de Reequilibrio II, polo que o novo prazo se correspondería cos novos proxectos incluídos neste plan, sendo a nova data o 31 de decembro de 2021.

De xeito máis concreto, as obras deberán estar rematadas na data indicada e a xustificación debe estar completada no prazo de tres meses dende a súa finalización, sen exceder en todo caso o 31 de marzo de 2022. Lembramos que o custo do Auditorio-Escola de Música do Grove ascende a 3.251.103,90 euros, dos que a Deputación de Pontevedra achega 1.580.187,25 euros e a restante contía o propio Concello. Unha vez máis, dende o Concello do Grove reclámase a implicación da Xunta de Galicia nun proxecto fundamental para o desenvolvemento cultural da localidade. O novo edificio proxectado supón a primeira infraestrutura de importancia para a veciñanza do Grove en décadas e pon o foco en como as competencias municipais e vencelladas coa Deputación seguen avanzando fronte á total parálise daqueles aspectos que son responsabilidade do Goberno autonómico, sendo, sen dúbida, o máis vergoñento a total pasividade fronte á urxente necesidade dun novo centro de saúde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.