Concello e Deputación investirán case 6 millóns de euros no primeiro carril bici da cidade

Abel Caballero e Carmela Silva asinaron esta mañá o convenio que permitirá que Vigo conte co seu primeiro carril bici, que unirá Samil e Teis. Cun importe de case 6 millóns de euros, o prazo de execución é de doce meses e está previsto que na súa execución se realicen humanizacións en zonas nas que aínda non se acometeran
Por o 16/12/2017 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Concello e Deputación investirán case 6 millóns de euros no primeiro carril bici da cidade
Compartir en:

Abel Caballero e Carmela Silva asinaron esta mañá o convenio que permitirá que Vigo conte co seu primeiro carril bici, que unirá Samil e Teis. Cun importe de case 6 millóns de euros, o prazo de execución é de doce meses e está previsto que na súa execución se realicen humanizacións en zonas nas que aínda non se acometeran.

O goberno local deu luz verde ao convenio entre Concello e Deputación que permitirá que Vigo conte cun carril bici que unirá Samil e Teis. Esta primeira vía ciclista de Vigo conta cun orzamento de 5.895.000 euros, dos que 3.537.000 son achegados pola institución que preside Carmela Silva (1.400.000 euros en 2018 e 2.137.000 euros en 2019). No tocante ao Concello, en 2019 aportará 2.358.000 euros.

Segundo avanzou o rexedor, o prazo de execución será de 12 meses e na execución do proxecto se realizarán humanizacións en zonas nas que aínda non se acometeran melloras municipais. Este primeiro carril bici discorrerá polos seguintes rúas: Avda. Europa, Avda. Castelao, Praza América, rúa López Mora, Avda. Camelias, Praza Independencia, Glorieta Bicentenario, rúa Venezuela e cruce con Gran Vía, rúa Pizarro, Travesía de Vigo e rúa Buenos Aires.

Teleasistencia
O goberno local tamén aprobou a contratación do servizo de teleasistencia domiciliaria por un período de licitación dun ano e un importe máximo de 93.000 euros. O Concello ofrece apoio 24 horas e 365 días ao ano, no seu domicilio a persoas que o precisan polas súas circunstancias sociais ou sanitarias. O servizo préstase a través dun Centro de Atención onde se ubican os medios tecnolóxicos e profesionais axeitados para prestar a axuda demandada.

Tal e como explicou o rexedor, nestes momentos o Concello presta apoio a 550 usuarios, dos que 448 son maiores de 80 anos e 501 son mulleres.