Concello e Máis que Auga ofrecen 500 prazas de iniciación ao pádel, de balde, en Navia e Barreiro durante dúas semanas

O concelleiro de Deportes e o director de Operacións de Máis que Auga, Fran Cortegoso, presentaron hoxe a iniciativa “Descobre o pádel co Concello de Vigo”, un novo programa do 9 ao 22 de setembro nas instalacións municipais de Máis que Auga en Navia e Barreiro para a promoción da modalidade.
Publicado por o día 06/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Concello e Máis que Auga ofrecen 500 prazas de iniciación ao pádel, de balde, en Navia e Barreiro durante dúas semanas

O concelleiro de Deportes e o director de Operacións de Máis que Auga, Fran Cortegoso, presentaron hoxe a iniciativa “Descobre o pádel co Concello de Vigo”, un novo programa do 9 ao 22 de setembro nas instalacións municipais de Máis que Auga en Navia e Barreiro para a promoción da modalidade.

Á presentación no Concello acudiu unha parte do cadro técnico da Academia Máis que Auga, encargada de impartir clases de balde para un máximo de medio milleiro de prazas para as persoas que queiran iniciarse no pádel durante as dúas semanas de portas abertas.

Manel Fernández lembrou o éxito do World Padel Tour na primavera pasada, confirmado en Vigo ata 2022, e espera a resposta da cidadanía para que se animen en esta acción.

Cortegoso dixo que está en marcha para que “descubran o que é o pádel, as nosas instalacións e a nosa metodoloxía de adestramento”, da que gozan a día de hoxe 800 persoas nos cursos de pádel. MQA abre as portas e pón o material para que nunha clase a persoa inscrita coñeza a modalidade, “adquiera habilidades, interactúe, xogue e compita”.

A Academia MQA é a meirande de Galicia e Cortegoso explicou que o impacto do World Padel Tour notouse, incrementándose o interese por este deporte. Cunha media de 3,000 usuarios ao mes nas pistas de Navia e Barreiro.

A inscrición para a campaña é doada: entrar na web (www.maisqueauga.com) para reservar o horario que máis lle conveña.