Concello e Procuradores traballan nun protocolo que anticipe eventuais desafiuzamentos

O alcalde recibiu este venres ao novo decano e parte da directiva do Colexio de Procuradores de Vigo. O colectivo propuxo elaborar un protocolo para dar a coñecer ao Concello posibles casos de desafiuzamento “con moita antelación”. O alcalde saudou a proposta: “gañaríamos tempo para tomar decisións”.
Publicado por o día 28/12/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Concello e Procuradores traballan nun protocolo que anticipe eventuais desafiuzamentos

O alcalde recibiu este venres ao novo decano e parte da directiva do Colexio de Procuradores de Vigo. O colectivo propuxo elaborar un protocolo para dar a coñecer ao Concello posibles casos de desafiuzamento “con moita antelación”. O alcalde saudou a proposta: “gañaríamos tempo para tomar decisións”.

Abel Caballero e os novos responsables do Colexio abordaron a posibilidade de asinar un acordo entre as partes para que o Concello teña coñecemento deste tipo de casos “de dimensión social”, protexendo a intimidade dos afectados. Os profesionais da xustiza advertirían á administración local de eventuais desafiuzamentos “con moito tempo de antelación” o que permitiría ao Concello gañar tempo para tomar as medidas necesarias. O alcalde saudou a proposta, pois en moitas ocasións o consistorio coñece este casos con “días” de antelación e así sería posible “anticiparnos”.