O Mercado do Progreso acolleu este venres a celebración de varios talleres de demostración de cociña baixo o título “Dálle valor ao peixe”, organizados por Vegalsa-Eroski coa colaboración do Concello. Neles, os escolares vigueses aprenden da man de diferentes chefs, hoxe estaba Pepe Solla, pautas de alimentación saudable e nocións básicas para aprender a comprar e cociñar.
Ademais, Abel Caballero e Joaquín González Iglesias, director xeral de Vego Supermercados, do grupo Vegalsa-Eroski, asinaron o convenio de colaboración mediante o cal a empresa se compromete a colaborar co programa municipal de sensibilización medioambiental “Camiño a Camiño”.
Noticias de última hora en Vigo