Concello e Vegalsa Eroski reeditan a súa colaboración no programa ambiental “Vigo, camiño a camiño”

O alcalde, Abel Caballero, e o director da empresa, Joaquín González, rubricaron este xoves o convenio polo que Vegalsa Eroski achega 18.000 euros para a nova edición do programa medioambiental “Vigo, camiño a camiño”, que oferta este outono oito rutas circulares.

O acto tivo lugar no establecemento que a compañía ten no número 54 da Avenida García Barbón, previa visita ao remodelado espazo. Caballero e González fixeron efectiva a renovación do acordo entre as partes coa sinatura do convenio deste ano.

Na súa intervención, o alcalde definiu o “Vigo, camiño a camiño” como “un programa de éxito” que enlaza con valores como os saudables e os medioambientais que a sociedade aprecia agora incluso máis pola pandemia. Caballero agradeceu o traballo da empresa e a súa “dimensión social”, e amosouse “moi orgulloso dos montes de Vigo, do noso medioambiente e de Vegalsa Eroski, que coopera con nós” cunha cifra “significativa”. Por parte de Vegalsa Eroski, Joaquín González enxalzou a iniciativa mediaombiental que promove o Concello de Vigo e trasladou a súa satisfacción por poder continuar colaborando un ano máis.

edición de outono do “Vigo, camiño a camiño” arranca o 19 de setembro e contará con oito rutas circulares entre este mes e o seguinte, coa novidade de que finalizarán cunha actividade de carácter cultural. Xunto ao alcalde e ao director de Vegalsa Eroski, no acto tamén estiveron presentes a concelleira de Medioambiente, Nuria Rodríguez, a directora de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación da entidade, Gabriela González, e o presidente de Montes de Vigo, Uxío González, entre outros.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM