Concello e Zona Monumental perfilan a próxima convocatoria de Supera21

Solicitaron, como novidade, que os afectados se poidan presentar a varias convocatorias, que se poidan imputar gastos anteriores á publicación das axudas ou que se realice unha campaña de dinamización das rúas do centro histórico.
Publicado por o día 16/12/2020 na sección de Galicia,Pontevedra

Concello e Zona Monumental perfilan a próxima convocatoria de Supera21

O Concello de Pontevedra continuou hoxe a rolda de contactos cos sectores afectados pola Covid para perfilar as vindeiras axudas Supera21. Nesta ocasión a portavoz do Goberno, Anabel Gulías, acompañada das concelleiras Yoya Blanco e Eva Vilaverde se reuniron co Centro Comercio Aberto Zona Monumental nun encontro cordial, colaborativo e con puntos de encontro.

Ao igual que coa reunión mantida onte coa Plataforma de afectados coa Covid, chegaron a acordos sobre a subvención á dixitalización, de reformas e acondicionamentos de locais, de medidas de protección da Covid, campañas publicitarias ou material de servizo a domicilio. Tamén chegaron a acordos sobre incrementar os prazos de xustificación, incrementar o anticipo do pago ou sobre a
cota de veladores.

A maiores tamén acordaron a posibilidade de que os solicitantes se poidan presentar a varias convocatorias, que se poidan imputar gastos anteriores á publicación da convocatoria e que se realice unha campaña de dinamización das rúas da zona monumental, cando a pandemia o permita.

O Concello ordenará esta semana o pago de 500.000 euros das axudas Supera20

O Concello de Pontevedra fará unha achega de máis de 500.000 euros á economía local a través das primeiras axudas Supera20, segundo informou esta mañá a portavoz do Goberno, Anabel Gulías, quen explicou que nos vindeiros celebrarase unha Xunta de Goberno para ordenar o pago destas 166 axudas aprobadas. Inicialmente estaban concedidas axudas por valor de 481.919 euros, antes de responder as 11 alegacións presentadas. Aceptadas 8 reclamacións, a contía final das axudas quedou fixada en 507.567,13 euros para 166 axudas, é dicir, unha media de máis de 3.000 euros por subvención.

Anabel Gulías explicou que a todas as solicitudes se lle concedeu a contía que solicitaban, unha media de máis de 3.000 euros por subvención. Esta contía estará nos petos dos solicitantes na semana que vén, “e Pontevedra é das primeiras administracións que poñen liquidez no peto dos sectores afectados”.

A maior parte das solicitudes, até o 30%, procederon da hostalaría da cidade que representan máis de 170.000 euros do total.

Comentar noticia

Your email address will not be published.