O Concello está colocando os módulos da estrutura da cuberta da bancada de Río

Por o 04/12/2017 | Sección: Celta,Concello de Vigo,Deportes,Galicia,Vigo
O Concello está colocando os módulos da estrutura da cuberta da bancada de Río

Foto arquivo

Xa comenzou a colocación dos módulos da estrutura que soportará a cuberta da grada de río, coa instalación hoxe luns da segunda das grandes pezas -a primeira colocouse o venres pasado.

O Concello someteu a un segundo control de calidade as bolas que veñen substituír ás que tiveron que ser retiradas ao resultar defectuosas. 

O rexedor avanzou esta mañá que xa se están a colocar os módulos da estrutura da cuberta de Río que tiveron que ser retirados ao detectarse pezas defectuosas. Tal e como explicou, o venres pasado subiuse un dos módulos, hoxe colocarase o número 7 e, a partir de agora, se instalará un cada tres días. As pezas corrixidas, ademais de pasar o control de calidade da propia empresa, foron sometidas a un control adicional en AIMEN.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.