O Concello estudará a posibilidade de facilitar aparcamento á empresa Borgwarner

Por o 02/12/2016 | Sección: Concello de Vigo,Vigo
O Concello estudará a posibilidade de facilitar aparcamento á empresa Borgwarner
Compartir en:

Abel Caballero reuniuse este venres con traballadores do Comité de Empresa e co responsable de Recursos Humanos de Borgwarner con quen se comprometeu a analizar a opción de ampliar as prazas de aparcamento dispoñible para o persoal da mesma, así como a estudar o establecemento dunha parada do transporte urbano na contorna da factoría nos horarios de entrada e saída do persoal.

O alcalde puxo en valor a capacidade empresarial da multinacional que ten, dixo, un cento de empregados de alto valor engadido e que desenvolve proxectos de I+D aplicados ao automóbil.