O Concello exime do pago do IAE a 37.000 das 40.000 actividades económicas de Vigo

Caballero valorou este venres en rolda de prensa que o Imposto de Actividades Económicas que se aplica no Concello de Vigo é “especialmente baixo” ao eximir do seu pago á 37.000 das 40.000 actividades rexistradas na cidade. O alcalde engadiu que o goberno local tamén bonifica aos autónomos.
Por o 22/09/2017 | Sección: Concello de Vigo,Economía,Empresas,Galicia,Vigo
O Concello exime do pago do IAE a 37.000 das 40.000 actividades económicas de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo en valor que o goberno que preside exime do pago do IAE a un total de 37.000 das 40.000 actividades económicas rexistradas en Vigo.

O Imposto de Actividades Económicas na cidade é “especialmente baixo”, anotou o rexedor, quen recordou que todos os autónomos teñen este pago bonificado así como todas aquelas empresas que facturen menos do millón de euros ao ano.

Palco de Zamáns 
En rolda de prensa, Abel Caballero tamén informou da adxudicación das obras de reparación e acondicionamento do palco de Zamáns, no que o goberno vigués proxecto a substitución do taboleiro en mal estado, a colocación de chapa de aluminio pregada en todo o perímetros, a renovación do tellado, a reparación e vernizado do teito e o pintado de todo o recinto.