O Concello fomenta a alimentación saudable con obradorios para 150 alumnos de Primaria

150 alumnos de Primaria aprenderán sobre pautas de alimentación saúdable nos obradoiros organizados polo Concello no Mercado de Progreso. Dan man dunha cociñeira, os escolares aprenderán a distinguir os alimentos e a elaborar un par de receitas saudables.
Publicado por o día 22/11/2016 na sección de Alimentación,Concello de Vigo,Vigo

O Concello fomenta a alimentación saudable con obradorios para 150 alumnos de Primaria

O rexedor visitou hoxe martes un dos obradorios que organiza o Concello sobre alimentación saudable no remodelado Mercado de O Progreso. 150 alumnos de Primaria aprenderán a alimentarse de forma sá, achegándose aos distintos tipos de alimentos e a súa distribución no mercado e nos supermercados.

Tal e como explicou o rexedor, unha cociñeira lles aprenderá as pautas básicas de alimentación, así como a elaborar dúas receitas.

Primeiro, guirá aos nenos para facer a compra no mercado e con eses alimentos, elaborarán unha receita saudable que despois degustarán.