O Concello habilitará en breve outra praia para cans que se sumará ás de Foz e Calzoa

O alcalde destacou esta mañá a excelente calidade das augas das praias que o Concello vén de habilitar para uso dos cans. Aos areais de Foz e Calzoa unirase unha máis en breve, segundo avanzou o rexedor.
Publicado por o día 29/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello habilitará en breve outra praia para cans que se sumará ás de Foz e Calzoa

Unha vez entre en vigor a nova ordenanza e se dea conta na Xunta de Goberno Local, Foz e Calzoa -á esquerda da desembocadura do Lagares- serán praias habilitadas para cans, dixo esta mañá o rexedor.

Trátase dunha zona ampla, cunha cualificación de auga excelente e nulo nivel bacteriolóxico desde que entrou en funcionamento a nova depuradora, tal e como demostran as constantes analíticas ás que se somete a auga.

En declaracións aos medios, Caballero avanzou que Vigo contará cun areal máis para cans, sen desvelar aínda o nome.