O Concello inaugura a nova fonte en Rosalía de Castro que inclúe unha pantalla circular LED

Abel Caballero inaugurou na noite deste luns unha nova fonte en Rosalía de Castro que forma parte da última fase da humanización e remodelación desta rúa. Durante o día Caballero avanzaba “Prepárense; nunca viron nada igual”. 
Publicado por o día 10/07/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello inaugura a nova fonte en Rosalía de Castro que inclúe unha pantalla circular LED

Abel Caballero inaugurou na noite deste luns unha nova fonte en Rosalía de Castro que forma parte da última fase da humanización e remodelación desta rúa. Durante o día Caballero avanzaba “Prepárense; nunca viron nada igual”. 

O que converte a esta fonte en espectacular, ademais das numerosas boquillas e bombas para lanzar a auga que ten, é unha pantalla LED circular de cinco metros na que se poderán retransmitir, por exemplo, partidos do Celta, ademais de infinidade de proxeccións e figuras variadas. É unha fonte “da modernidade” e que forma parte do noso obxectivo de “poñer a Vigo no lugar no que ten que estar”, afirmou Caballero. O custo desta humanización foi de 750.000 euros.

Durante este fin de semana

Durante este fin de semana a rúa Serafín Avendaño súa comisión de veciños manifestaba non acudir a dito acto xa que nos cartaces que puxeron nos portais viñan a rezar:

A comisión de veciños para o arranxo da rúa Serafín Avendaño poñen en manifesto o noso desacordo profundo por dar prioridade a construcción da fonte luminosa antes de arranxar a conducción da auga da rúa.

Propon, non acudir ao acto protocolario da inauguración da citada fonte.

Fotografía do cartaz