O Concello inclúe o ámbito de Recaré na ordenación urbanística provisional

Segundo informou Abel Caballero este martes, a Xerencia de Urbanismo aprobará a inclusión deste ámbito terciario próximo á Avenida de Madrid na ordenación urbanística provisional, o que suporá recuperar para Recaré a planificación de 2008. O goberno de Vigo conta xa cos informes ambiental e urbanístico favorables.
Publicado por o día 16/01/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello inclúe o ámbito de Recaré na ordenación urbanística provisional

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe que a Xerencia de Urbanismo do xoves validará o estudo e a súa aprobación como proposta de ordenación urbanística provisional, acorde á lei 2/2017.

Con esta medida, o Concello pretende recuperar a ordenación urbanística contemplada no Plan Xeral de 2008 -anulado polos tribunais- para Recaré, unha mellora para a cidade que ademais contempla incorporar un novo enlace viario coa estrada á Porriño.


Para a aprobación deste estudo -que parte da iniciativa privada- e a súa inclusión como proposta de ordenación provisional, o Concello xa conta cos informes vinculantes favorables da Dirección Xeral de Ordenación del Territorio e Urbanismo e da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

Unha vez aprobada, e cos informes ambiental e urbanístico favorables, o goberno de Vigo solicitará á Xunta de Galicia a avaliación ambiental estratéxica simplificada, informe que deberá ser elaborado nun prazo máximo de dous meses. O Concello, engadiu Caballero, o aprobará e o someterá a información pública ao tempo que as administracións competentes redacten os informes sectoriais e as consultas preceptivas. Entón o Concello emitirá os seus informes para a aprobación definitiva da ordenación provisional polo Pleno da Corporación.

“Teremos en breve dispoñible un ámbito terciario moi importante na cidade”, asegurou Caballero sobre Recaré, co que, unido “ao desenvolvemento que estamos facendo da edificación a través da ordenación provisional, imos recuperar todo o ámbito terciario da cidade e unha terceira parte da capacidade de edificación” recollida no Plan Xeral de 2008.