O Concello instalará un belén luminoso na Praza da Igrexa

Como parte da decoración do Nadal na cidade, Abel Caballero informou hoxe da disposición diante da Concatedral dunha representación do nacemento de Xesús. Ademais este sábado 17 as cinco rondallas viguesas encherán de música o centro olívico.
Publicado por o día 14/12/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O Concello instalará un belén luminoso na Praza da Igrexa

As rondallas de Valladares, Freixo, Zamáns, Bembrive e Beade actuarán este sábado día 17 dende as 18:30 horas da tarde polas rúas de Vigo, nunha das actividades de Nadal organizadas polo Concello, segundo anunciou esta mañá Abel Caballero. Amenizarán a tarde no centro da cidade na zona comprendida entre Policarpo Sanz e a Porta do Sol, que quedarán cortadas á circulación.

Ademais, o alcalde anunciou a instalación na Catedral, na Praza da Igrexa, dun Belén luminoso con figuras de tamaño natural respondendo á demanda cidadá “masiva” de persoas que desexaban contar en Vigo cunha representación do nacemento de Xesús. O Concello procederá a situalo na zona nos próximos días.