O Concello inviste 10.000 euros na restauración de cinco placas históricas

Co obxectivo de “non deixar que se deteriore nada que recorde a historia” de Vigo, o goberno municipal procede á retirada e rehabilitación de cinco placas de valor histórico-artístico.
Por o 12/07/2017 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello inviste 10.000 euros na restauración de cinco placas históricas

Segundo explicou o alcalde, os traballos vanse realizar ao longo de dous meses e incluirán cinco placas históricas que son das máis antigas da cidade. O Concello está procedendo, nestes momentos, á súa retirada para estudalas e analizar o seu estado de conservación.

Abel Caballero sinalou que dúas das placas están na Praza de Compostela, unha con García Olloqui e a outra con Concepción Arenal; outra das que serán rehabilitadas é a placa de Manuel Olivié, na muralla do Castelo do Castro, que lembra ao escritor, avogado e secretario municipal vigués e que presenta “bastantes danos”.

Ademais, serán restauradas dúas placas na Avenida Sanjurjo Badía: unha situada sobre un pé de ferro no nó de Isaac Peral coa rúa Montecelo e outra situada sobre a fachada do último edificio da rúa.

Abel Caballero puxo en valor estas intervencións porque as placas “forman parte do valor histórico da cidade” e a súa conservación é “un cariño á memoria histórica”. Ademais, sinalou que o orzamento total das actuacións é de 10.000 euros e os traballos van prolongarse dous meses.

Noticias de última hora en Vigo

Una respuesta para "O Concello inviste 10.000 euros na restauración de cinco placas históricas"

  1. Gamela   13/07/2017 at 18:20

    pois xa pode ir buscando onde está esta outra
    https://flic.kr/p/UFwzDX

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.