O Concello inviste 220.000 euros nos pavimentos elásticos dos pavillóns de Teis e As Travesas

Por o 17/10/2016 | Sección: Concello de Vigo,Deportes,Vigo
O Concello inviste 220.000 euros nos pavimentos elásticos dos pavillóns de Teis e As Travesas
Compartir en:

A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde ao expediente de contratación das obras de humanización da rúa Llorente cun importe de 218.000 euros e ao Plan de seguridade e saúde das obras de renovación das redes de saneamento e abastecemento da Avenida de Galicia en Teis.

O alcalde informou este luns do investimento de 220.000 euros na instalación de pavimentos deportivos elásticos na pista vermella do Complexo Deportivo das Travesas e no Pavillón polideportivo de Teis, tras a aprobación por parte da Xunta de Goberno Local do expediente de contratación desas obras para “acondicionar as pistas de forma eficiente”. O orzamento distribúense da seguinte maneira: 107.000 euros para As Travesas e 112.000 euros para Teis.

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o expediente de contratación por procedemento aberto das obras de humanización da rúa Llorente, Fase I, por un importe de 218.000 euros, amais do prego de cláusulas administrativas e a apertura do proceso de licitación para seleccionar o contratista.

Ademais deuse luz verde ao Plan de Seguridade e saúde e ao Plan de Xestión de Residuos da obra de renovación das redes de abastecemento e saneamento na Avenida de Galicia en Teis, que ten un orzamento de obra próximo aos 200.000 euros, que o alcalde criticou que teña que asumir o goberno municipal cando é competencia da Xunta de Galicia que “desatende”a cidade.