O Concello inviste 250.000 euros na humanización dun novo tramo da Avenida de Castelao

O goberno vigués executa actualmente os traballos de remodelación do treito da Avenida de Castelao que une as rúas Porriño e Redondela. Abel Caballero visitou este xoves unha reforma “como corresponde a esta zona, para continuar coa humanización de Coia”.
Por o 09/03/2017 | Sección: Concello de Vigo,Vigo
O Concello inviste 250.000 euros na humanización dun novo tramo da Avenida de Castelao

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves unha nova fase da humanización da Avenida de Castelao, no treito comprendido entre as rúas Porriño e Redondela, na que o goberno local inviste 250.000 euros.

O Concello, segundo os datos ofrecidos polo rexedor esta mañá, está a actuar sobre 400 metros de rúa, renovando tanto beirarrúas como 800 metros de canalizacións soterradas de saneamento e abastecemento de auga. A humanización contempla 37 árbores, papeleiras e xardineiras, unha mellora “como corresponde a esta zona e para continuar coa humanización de toda a zona de Coia”, en verbas de Caballero.