O Concello inviste case 2 millóns de euros na humanización da rúa Bueu

Abel Caballero presenciou esta mañá o comezo das obras de renovación das redes de saneamento e abastecemento que rematarán a finais de ano e ás que seguirá a humanización da mesma vía que, amais da mellora dos espazos, do alumeado ou do rego incluirá a instalación dun parque biosaudable.
Publicado por o día 26/10/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O Concello inviste case 2 millóns de euros na humanización da rúa Bueu

O alcalde visitou este mércores a rúa Bueu onde están comezando os traballos de renovación das redes de saneamento e abastecemento que continuarán de forma inmediata coa humanización da mesma acadando un investimento total de case dous millóns de euros, polo que constitúe “unha das grandes humanizacións da cidade” nunha zona que se atopaba en estado de abandono e deterioro e que era unha demanda por parte da veciñanza, segundo declarou.

Caballero sinalou que se traballará a “velocidade elevada” nunha rúa longa con zona interior na que se renovarán completamente os pavimentos, reordenaranse os espazos, o alumeado e o rego e mellorarase a xardinería e o mobiliario existente, incluíndo un parque biosaudable para as persoas maiores.

Nunha segunda fase, acometeranse os traballos de humanización da rúa Bueu coa previsión de que se inicien as obras antes de que remate o ano e cun prazo de execución de 5 meses para mellorar, posteriormente, os resto dos ámbitos de edificios da rúa e dos xardíns.