O Concello levará a FITUR o lema “Patrimonio Illas Cíes: o teu apoio vale un mundo”

O alcalde avanzou esta mañá que Vigo promoverá as Cíes en FITUR o próximo xoves 18 de xaneiro baixo o lema: Patrimonio Illas Cíes: o teu apoio vale un mundo”. Será o terceiro consecutivo que o Concello promociona o arquipélago na feira de turismo máis importante de España.
Publicado por o día 16/01/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello levará a FITUR o lema “Patrimonio Illas Cíes: o teu apoio vale un mundo”

O Concello de Vigo presentará este ano en FITUR a súa proposta turística para 2018: “Patrimonio Illas Cíes: o teu apoio vale un mundo”. Por terceiro consecutivo, o rexedor amosará en Madrid o incalculable valor do arquipélago, “a xoia da coroa”, que serán Patrimonio da Humanidade.

O obxectivo, dixo en declaracións aos medios, é bater o récord turístico de 2017, o mellor da historia da cidade. A estes datos, contribuíron cuestións como as Cíes, O Marisquiño, os concertos do verán ou as luces de Nadal, en definitiva, a promoción que se fai desde o Concello. Tal e como indicou, a previsión deste 2018 é superar os 400.000 visitantes que Vigo acolleu o pasado ano. Como elemento negativo dentro da promoción turística, o rexedor lembrou a decisión da Xunta de deixar a miles de persoas nos barcos cando o pasado verán pretendían viaxar ao arquipélago.