O Concello licita os traballos de rehabilitación integral da grada de Río en Balaídos

O goberno local aprobou a licitación das obras de Río en Balaídos, cun orzamento de 6,7 millóns e un prazo de execución de doce meses. Hoxe mesmo, colocouse ademais a metade da estrutura metálica que cubrirá a grada de Tribuna, unha peza de 56 toneladas de peso e 60×205 metros.
Publicado por o día 04/10/2016 na sección de Celta,Concello de Vigo,Vigo

O Concello licita os traballos de rehabilitación integral da grada de Río en Balaídos

Abel Caballero achegouse esta mañá á instalación da peza de 56 toneladas e 60×25 metros que permitirá cubrir a metede da viseira da grada de Tribuna. Segundo detallou, o armazón conta con 217 engarces, 835 barras e unha pasarela de mantemento que evitará o uso de grúas para cambiar luminarias, por exemplo. Esta estrutura será completada antes do día 20 cunha peza similar o que permitirá comezar acto seguido coa colocación da cuberta de aluminio sobre a grada. Esta peza é 24 toneladas máis lixeira que a cuberta retirada o que suporá unha menor sobrecarga sobre o armazón da cuberta de Tribuna.

O alcalde, asi mesmo, deu conta da licitación da grada de Río, cun importe de 6.777.293,55 euros e un prazo de execución de doce meses. Tal e como se aprobou en Xunta de Goberno, o proxecto inclúe a construcción dunha nova cuberta, unha nova envolvente da fachada, así como o acondicionamento xeral da grada, “que ten moi boa visión do campo pero nestes momentos é unha chapuza de principios dos anos 80”.

Mobiliario Uned
O goberno local tamén deu luz verde á adxudicación da contratación do subministro de mobiliario da nova aula da Uned en Vigo. Cun orzamento de 173.968,48 euros, o contrato inclúe a instalación de monitores táctiles e unidades de PC.