O Concello mellora a seguridade viaria na Florida en colaboración con Mercadona

O alcalde asinou este venres un protocolo de colaboración coa cadea de supermercados que asumirá o custo da instalación dunha unidade semafórica na contorna do seu establecemento na Avenida da Florida.
Publicado por o día 10/02/2017 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O Concello mellora a seguridade viaria na Florida en colaboración con Mercadona

Abel Caballero asinou esta mañá con responsables de Mercadona un convenio de colaboración para a instalación dunha unidade semafórica na Avenida da Florida, no lateral da súa confluencia coa rúa Pablo Iglesias, fronte a un dos establecementos da cadea.

Segundo explicou o rexedor, o Concello quere garantir a seguridade viaria desa zona da cidade que, tras a implantación de varias superficies comerciais, ten unha grande afluencia de xente. Ademais ofrecerá un mellor servizo á cidadanía.

O Concello detectou a necesidade de ampliar a rede semafórica nesta parte da cidade e Mercadona amosou o seu interese por colaborar asumindo o custo da instalación.