O Concello de Mos aclara as preocupacións da veciñanza en materia de transporte e dí non a discriminación de Abel Caballero

Denuncia a ilegalidade e anticonstitucionalidade de que se discrimine por criterio de empadroamento na tarifa dun servizo público
Por o 08/02/2018 | Sección: Galicia,Mos
O Concello de Mos aclara as preocupacións da veciñanza en materia de transporte e dí non a discriminación de Abel Caballero

Onte pola tarde celebrouse un acto informativo sobre transporte público que tivo lugar no Centro Dotacional de Torroso. Na xuntanza, promovida e organizada pola administración local mosense, participaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, o xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda en Pontevedra, José Luis Díez, o alcalde de Redondela, Javier Bas, a concelleira mosense de Mobilidade, Julia Loureiro; e demais membros do equipo de goberno local do Concello de Mos. A de onte foi a experiencia piloto dentro da rolda de reunións sobre o transporte que se van a celebra en todas as parroquias  mosenses, tendo  por obxectivo abordar todas as medidas que dende o Concello de Mos se están a adoitar para que se lles preste o mellor servizo de transporte aos veciños e veciñas mosenses.

Os tres temas fundamentais que se trataron foron as optimizacións do Plan de Transporte Urbano Municipal, que foron aprobadas o luns 29 de xaneiro en Pleno, a explicación á venciñanza do verdadeiro significado do Transporte Metropolitano, e aclarar as novas que están a saír publicadas nos medios de comunicación sobre a Tarxeta Verde de Vigo.

Ao remate do encontro abriuse unha ronda de preguntas para disipar dúbidas entre a veciñanza respecto dos diferentes sistemas de transporte público existentes. O tema que esperta máis interese e preocupación da veciñanza das parroquias de Torroso  e Guizán é o da Tarxeta Verde do Vitrasa, que deixou de funcionar substituída pola Vigo Pass que agora só se lles concede aos empadroados na cidade olívica perxudicando aos usuarios mosenses da Tarxeta Verde que se beneficiaban da tarifa reducida; mesma situación que se produce no veciño Concello de Redondela, de ahí a presencia do rexedor redondelán. Na reunión explicóuselles aos presentes a ilegalidade e anticonstitucionalidade de que se discrimine na tarifa dun servizo público por criterio de empadroamento

As autoridades presentes na reunión consideran que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, “sendo o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias ten que dar exemplo e respectar a legalidade, e non poñer en marcha medidas discriminatorias no transporte da súa cidade”. “Medidas que ademais son contradictorias cando o propio Concello de Vigo está a subvencionar con millóns de euros voos para o aeroporto de Peinador que pode coller calquera persoa de calquera parte do mundo e a tarxeta universitaria da Universidade de Vigo, que tamén permite bonificacións no tranporte público, e no CUVI hai estudantes de toda España e do estranxeiro”, declarou López-Chaves. Ademais de contradictoria é unha medida inxusta, xa que no caso de Mos, por exemplo, todos os servizos públicos teñen o mesmo prezo para calquera cidadán español.

Bus Urbano de Mos

Para explicar as melloras do Bus Urbano de Mos proxectouse un vídeo no que se explica o funcionamento deste servizo municipal que comenzou a funcionar en  outubro de 2016 e que   que conta con dúas liñas: a verde e a azul. A verde pasa polas parroquias de Cela, Pereiras, Sanguiñeda, Petelos e Tameiga e a azul polas parroquias de Sanguiñeda, Mos, Louredo, Guizán, Dornelas, Torroso, Petelos e Tameiga. Ambas liñas comunican as 10 parroquias de Mos entre sí e enlazan co Fai Bus (Transporte Metropolitano de Galicia) e o Vitrasa. O prezo do billete contempla unha tarifa única de 0,85€ para os maiores de 19 anos e é gratis para os menores desa idade. Ademais o transbordo dunha liña municipal a outra, da azul á verde e viceversa, non implica ter que pagar un novo billete, é gratuíto. Os usuarios da Tarxeta Metropolitana de Transporte poden facer transbordo gratis ao Fai Bus sen ter que pagar un novo billete unha vez se baixan do Bus Urbano de Mos para subirse ao Fai Bus.

As melloras no Bus Urbano de Mos aprobadas o 29 de xaneiro son que se reduciron os tempos de duración dos traxectos, que permite aos usuarios/as de ambas liñas, verde e azul, chegar á zona mosense de hipermercados nas Angustias (Sanguiñeda) e a facer compras na veciña localidade do Porriño; e que se adaptan os horarios de ambas liñas, verde e azul, aos momentos de maior afluencia para viaxar ás Pozas (Pavillón Óscar Pereiro, Instituto, Colexio de Petelos, Multiusos) e ao Concello. E ademais, continúase dando prioridade en ambas liñas aos traxectos ata o Centro de Saúde e Puxeiros, zona de servizos (bancos, correos, etc.) e de conexión co transporte cara ao Hospital Álvaro Cunqueiro e calquera outro punto do concello de Vigo e séguese a apostar polo enlace de viaxeiros co Vitrasa en Peinador mediante a liña azul do Bus Urbano de Mos.

Neste sentido os representantes municipais animaron á veciñanza mosense a facer uso do Bus Urbano de Mos por ser un medio de transporte sinxelo, rápido e económico. O Concello de Mos inviste 50.000 euros anuais en financiar este servizo de transporte municipal e 20.000 euros anuais para subvencionar o Transporte Metropolitano de Galicia (Fai Bus).

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.