O Concello de Mos, celebra as Festas do seu Patrón, San Mamede, apostando por unha gran actuación do grupo O FIADEIRO

O espectáculo está programado para o domingo día 6 de agosto ás 20:00h, no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso. Nesta ocasión, o grupo de baile e música  O Fiadeiro, pretende con este gran espectáculo dar mostra da súa ampla traxectoria ,  por iso para esta proposta, contará cun repertorio baseado en pezas e bailes do seu propio arquivo, que adaptará ás necesidades do momento.

Dende o Concello de Mos anímase a todos/as os/as veciños/as a acudir a Torroso para desfrutar de esta función, xa que O Fiadeiro creará en 80 minutos un espectáculo único, espontáneo e persoal.

Para isto, O Fiadeiro, contará co grupo de baile, grupo de pandereteiros, pandereteiras e da súa charanga, para animar á xente a que participe.

Un total de 50 persoas no esceario repartidas nas diferentes seccións de baile e música, interpretarán temas variados, en canto a ritmos e formacións se refire.

O máis destacable de O Fiadeiro é sen dúbida a organización e representación de espectáculos de gran formato como “A última verbena”, ambientada na Galiza da posguerra ou a súa gala denominada “Esta Noite Hai Unha Fía” que xa vai pola novena edición. Espectáculo onde ó longo de case dúas horas se mostran escenas de vidas pasadas das aldeas de toda Galiza no que a música e o baile máis tradicional son protagonistas.

O Fiadeiro tamén participou en eventos tan importantes como diversos programas de televisión, espectáculos en diversas localidades do estado español aínda que máis destacable é a súa participación no VII Encontro para a promoción e difusión do patrimonio inmaterial dos Países Iberoamericanos en Venezuela, en varias edicións do Festival Intercéltico de Lorient na Bretaña Francesa, así como no Festival Intercéltico “Céltica” celebrado no val italiano de Aosta.

As entradas do concerto do vindeiro domingo en Torroso véndense a un prezo de 5 € e poden ser mercadas ata completar o aforamento, anticipadamente nas oficinas do Centro Dotacional de Torroso e do Multiusos das Pozas de Petelos, e o propio día do concerto no Centro Dotacional.

Noticias de última hora en Vigo

Auditorio do Centro Dotacional de TorrosoConcello de MosFesta San MamedeGrupo O FIADEIROTorroso

SIGUENOS EN TELEGRAM