O Concello de Mos leva o xadrez as aulas para optimizar os procesos de aprendizaxe

A iniciativa, impartida polo Club de Xadrez Mos, vai dirixida aos alumnos de primeiro e segundo de Primaria, que recibiron a visita da alcaldesa e a concelleira de Educación
Por o 17/03/2017 | Sección: Galicia,Juegos,Mos,Vigo
O Concello de Mos leva o xadrez as aulas para optimizar os procesos de aprendizaxe

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, compartiron cos alumnos/as de primeiro curso de Primaria do colexio de Petelos o obradoiro de xadrez, ‘Xaque Mate’ impartido polo Club de Xadrez Mos e organizado polo Concello de Mos dentro da programación para os centros educativos do municipio en horario escolar.

O xadrez, grazas as súas características lúdicas e intelectuais, é un recurso pedagóxico apropiado para axudar a que nenos e nenas desenvolvan múltiples habilidades mentais que, sen dúbida, optimizarán os seus procesos de aprendizaxe: analizar e sintetizar, concentrarse, memorizar, solucionar e tomar decisións baixo presión, desenvolver a creatividade e a imaxinación, razoar dunha forma lóxica-matemática, e programar. Tamén se lles ensina a revaliar o seu plan cando novas realidades cambian a situación orixinal.

Estes beneficios, foron apoiados por diferentes investigacións educativas. Realizáronse estudios en varias localidades de Estados Unidos e Canadá, que mostran que o xadrez consegue incrementar a puntuación de exames estándar tanto en lingua coma en matemáticas. Os estudos realizados en Estados Unidos, mostraron que o xadrez consegue maiores puntuacións nos tests “Watson Glaser” para a avaliación do pensamento crítico e no test de “Torrance” para o pensamento creativo.

Ademais dos beneficios relacionados co “mundo científico”, nas escolas, o xadrez axuda a construír lazos de amizade e ensina deportividade: como gañar con elegancia e a non virse abaixo ao afrontarse á derrota.

Para os nenos con problemas de axuste emocional, hai moitos exemplos onde a xadrez consigue aumentar a motivación, mellorar o carácter, a propia imaxe, e incluso a capacidade de atención. Para os nenos e nenas con TDAH, aumenta o grado de concentración e memoria, e favorece o adestramento en atención para aqueles nenos e nenas diagnosticados/as.

Soamente, esta calidade comprobada do xadrez, xustifica o intento de engadilo dentro da aula e facelo accesible a todos e todas os alumnos e as alumnas a partir dos primeiros anos.

Por todo isto, as representantes municipais Arévalo e Monzón declararon na súa visita ao CEIP de Petelos, declararon que “poñer o xadrez ao servizo da educación non só ten a finalidade de desenvolver a arte de pensar, senón tamén cultivar valores”. Concretamente a edil Kely Monzón explicaba que “dende a Concellería de Educación do Concello de Mos poñemos a disposición dos docentes de Educación Primaria a ensinanza do xadrez por segundo ano consecutivo, grazas o éxito acadado o ano pasado no estudio piloto sobre os beneficios do xadrez na escola como recurso educativo que favorece a op timización dos procesos mentais (atención, memoria e procesamentos) implicados no aprendizaxe”.

Esta actividade desenvólvese durante o mes de marzo cos alumnos de primeiro e segundo cursos de Educación Primaria dos colexios de Petelos, Pena de Francia, Atín, o CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda e o Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.